Somosdepor.com

Verín tínguese de branquiazul

A pesares dos máis dos 40 graos que marcaban no termómetro en terras ourensáns, isto non foi impedimento para que na inauguración da nova sede da peña verinesa , enchérase de deportivismo no día da festa grande.

Todo estaba preparado nas Terras de Verín para unha nova cita da festa fin de temporada. O calendario repleto de actividades foi seguindo o seu curso despois da recepción das peñas que non se quixeron perder o evento. Jaballis, La Cuesta, Brigantium, Burela, Rías Baixas, Vilagarcía, Txeka, Gaiteira, Teixeiro, Orgullo Koruño ou Caña Derbas fixeron unha selección de estrelas para enfrontarse os peñistas de Verín. O resultado foi o de menos… o único que se buscaba era estreitar, aínda máis se cabe, os lazos branquiazuis entre tódolos invitados.

Rematado partido, procedeuse a inauguración da nova sede da peña, contando ca presenza de Tania Gómez presidenta da Federación de Peñas, contando con algúns membros da súa xunta directiva.

Cea e festa rachada ata o amencer puxeron punto final a unha nova xeira desta Festa do deportivismo organizada pola Peña de Verín.

E o maís importante que non pode quedar sen suliñar; éxito rotundo na recaudación para axudar os damnificados do incendio de Londres. Segundo informan durante uns días manterán aberta a conta na entidade bancaria por si algún rezagado quixese aportar o seu grao de area.

Parabéns Jorge, parabéns Santi pola festa, polo deportivismo e sobre todo pola vosa paixón polas cores blancas e azuis.

Deja un comentario

Translate »

shop giay nuthoi trang f5Responsive WordPress Themenha cap 4 nong thongiay cao gotgiay nu 2015mau biet thu deptoc dephouse beautiful

A %d blogueros les gusta esto: