A copa do desamor | O Dépor con G

El Deportivo aplaude a la afición desplazada en el Unionistas 1-1 Deportivo en COpa del Rey - Foto: SomosDepor, David Mosquera Rey - Todos los derechos reservados

“Me quere, non me quere, me quere, non me quere…”. Todos botamos algunha vez un bo anaco rachando margaridas no xardín da casa, ou na finca da aldea, dándolle voltas a cabeza sobre se esa persoa especial pensaba en nós, se o sentimento era recíproco.

A copa do rei este ano foi a margarida particular do Deportivo. Un constante querer e non querer de xogadores, técnicos e afeccionados. Ninguén quería a copa, pero todos querían gañala.

O novo formato de copa, pedido e suplicado pola maior parte das afeccións, tomou as súas primeiras vítimas en decembro. Máis dun se frotaba as mans o ver o veciño caer fora. Outros viron en Illueca a oportunidade de engancharse a algo positivo, a unha competición alonxada da escuridade propia da liga. Pero todos coincidían nunha cousa: o formato era tan atractivo coma perigoso.

O Dépor tirou do primeiro pétalo e saíu positivo. Tras dúas vitorias en liga e a piques de afrontar dous partidos decisivos en casa, chegaba o Unionistas. Un equipo de Segunda B con gañas de facer ruído. O Dépor tiñao claro: importaba a liga, polo que se o pétalo saia negativo, non importaba. A afección coincidía: salvarse era fundamental.

O pronóstico cumplíuse, a bola caeu do lado local, como dicía Jonathan Rhys-Meyers en Match Point ” Nun partido hai momentos nos que a pelota golpea na rede, e durante un segundo pode seguir cara adiante, ou caer cara atrás. Cun pouco de sorte segue e gañas, ou cae e perdes”. A bola podería haber tocado en Koke e saír fora, pero o Dépor cumpríu o seu destino, como a margarida predixo.

A copa que todos desexaban incluía decepcións dos grandes e alegrías dos pequenos; o resultado que moitos querían cumpriuse, a copa non sería unha distracción. Daquela, por que deberíamos enfadarnos por caer dunha copa que non desexábamos xogar?

O ca eu dicía, coma unha margarida, a queres, e non a queres.

Xane Silveira (@XaneSilveira)

Anuncios

Deja un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Translate »
A %d blogueros les gusta esto: