Somosdepor.com

A infamia dos horarios | O Dépor con G

Domingo, 16:00, arranca en Riazor un partido vital pola permanencia do Deportivo masculino. Dúas horas e media máis tarde, en Abegondo, xoga o Dépor Abanca, a sección feminina do clube branquiazul, o equipo que está a namorar á cidade da Coruña. Entre medias un lapso de tempo imposíbel de solventar polos afeccionados. A vitoria, pola mínima, provoca que en Riazor estoupe unha pequena festa. Moitos querían ver tamén o Dépor, o bo, o que é revelación da Primeira Iberdrola. Pero a Liga o impedíu. Sen tempo pra chegar do estadio á cidade deportiva. Outro exemplo máis da infamia dos horarios.



A nosa querida Liga volviuno facer. Xogar cos afeccionados, entorpecer ós afeccionados deportivistas que este fin de semana víronse nunha situación da que se fala pouco polas victorias, pero que debería dar lugar a unha reflexión máis profunda: os dous equipos da Coruña xogan o mesmo día e sen marxe para ir dun lado a outro.

A Liga e a federación siguen na desputa do pastel. Unha guerra por ver quen a ten máis grande. Por ver quen apreta máis forte. O afeccionado, o que dá cor a competición, de novo vilipendiado e apartado do espectáculo. Tan difícil era pasar un dos dous o sábado? Tan difícil era xogar en Abegondo pola mañá?

Noutra semana de guerras internas, tanto a Liga como a Federación volveron demostrar que aquí o importante son os cartos, o reparto televisivo e o poder. Os afeccionados sobramos. Importamos entre pouco e nada. Incluso atreveríame a dicir que o mellor é que quedemos na casa, máis audiencia para eles, máis cartos na billeteira. Se non, como explicar o de onte?

Outro complot contra as gradas cheas, outra infamia dos horarios.

Xane Silveira

Anuncios

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Translate »

shop giay nuthoi trang f5Responsive WordPress Themenha cap 4 nong thongiay cao gotgiay nu 2015mau biet thu deptoc dephouse beautiful

A %d blogueros les gusta esto: