A vida con Fernando é moito máis sinxela | O Dépor con G

Fernando Vázquez estreouse con victoria en Numancia. Nun domingo atípico de fútbol: cinco de Xaneiro, as 12 da mañá, e cun campo todavía xeado.

A vida no Deportivo volveu tomar un rumbo xa coñecido. Porque a veces, isto do fútbol é tan sinxelo como iso: rodearse dun entorno favorábel para avanzar. O Dépor é unha familia en crise, con problemas máis grandes do que calquera familia debería ter. Pero coma nas xuntanzas de nadal, sempre hai unha figura que fai un chamamento a unión da casa. Ese é Fernando Vázquez, un tipo normal, que facilita a estabilidade. E baixo o amparo de Fernando, a vida é moito máis sinxela.

O partido do Deportivo non foi moi distinto doutros vistos con Luis César ou Anquela. É certo que Fernando apostou por unha defensa de tres centrais, cun dobre pivote moi posicional, e dous extremos que partían abertos pero tiñan tendencia a acabar en zonas máis centráis. Pero na ecuación, os datos foron entrando de maneira similar. O Deportivo tiña que defender un marcador e, en parte por medo, botouse atrás en vez de buscar o segundo. A gran diferencia esta vez foi que a situación parecía controlada. A defensa solventou con éxito todas as ofensivas numantinas, e os locais só dispararon dúas veces entre os tres paus. Mujaid, o central que se viu implicado en máis disputas, venceu dous de catro duelos no chan, e tres de seis duelos aéreos. Nolaskoain, 9 de 12, e Bergantiños cinco de sete.

Cunha soa semana de traballo non podemos (nin debemos) sacar conclusións apresuradas. Pero o Dépor está un paso máis cerca do obxectivo. A salvación é posíbel, ainda que difícil. Os rivais xogan, e gañan, e serán capaces de chegar os trinta puntos antes co Dépor. Pero en dúas xornadas o clube galego pasou de velo como unha milagre, a como unha posibilidade real.

Con Fernando pódese. E non porque Anquela ou Luis César non valesen, pero a veces, o máis sinxelo, é o máis difícil de lograr. E Fernando é capaz de convertir á desilusión da afección en esperanza; de unir unha fenda que leva demasiados anos aberta, e de fácer posíbel o imposíbel. Porque arroupados nos brazos de Fernando, a vida é moito máis sinxela.

Xane Silveira

Anuncios

Deja un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Translate »
A %d blogueros les gusta esto: