Somosdepor.com

Fillos de Breogán | O Dépor con G



“Levas o azul do ceo, e o branco da espuma do mar. Vives no meu pensamento, o daqueles que por ti loitarán…” Di o Himno no oficial composto por Jesús Suárez, de Mar de Fondo. Unha canción titulada 1906 adicada o Deportivo. Máis que unha canción, unha obra idílica a altura dos mellores xogadores que pisaron Riazor.

Hoxe non imos falar de fútbol neste pequeno espacio adicado o Deportivo en galego. En realidade, si imos falar de fútbol, xa qué isto vai moito máis lonxe dunha pelota e 22 xogadores. O fútbol trata de paixón, carácter, afección, persoas. O fútbol é a vida en si mesma.

Onte Mar de Fondo presentou unha nova versión que xa podedes disfrutar en Youtube. E ainda que pasen os anos dende que víu a luz, cada vez ca escoito sinto o poder e a paixón do primeiro día. O poder da xente mariñeira. Jesús Suárez, que tamén loita por poder disfrutar do fútbol a través de Escoita, fixo de 1906 unha canción que todo deportivista debe coñecer de principio a fin. Máis de un apoiaría que soase cada xornada en Riazor.

Hoxe debátese se 1906 debe ser o himno oficial ou non. Persoalmente é un tema no que non me gusta mollarme. O tema é maravilloso. Pero tamén debemos respetar o que xa hai. Por iso, penso que o clube debe adoptar a canción, dar un paso adiante para que soe en Riazor. Non sei se como himno, ou como cántico de guerra, pero 1906 debe si ou si representarse en Riazor. Imaxinádevos, por un momento, o que poderían ser casi 30.000 gorxas cantándoa.

É unha lástima que ata agora isto non se dese. Cada estrofa e punteo de 1906 é unha representación do que cada deportivista leva no corazón. Unha representación do que Coruña é. Unha cidade chea de paixón polo Deportivo, por volver a ver o equipo triunfar. Como dí Jesús, Forza Dépor campión. 

Anuncios

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Translate »

shop giay nuthoi trang f5Responsive WordPress Themenha cap 4 nong thongiay cao gotgiay nu 2015mau biet thu deptoc dephouse beautiful

A %d blogueros les gusta esto: