Somosdepor.com

Reescribindo a historia | O Dépor con G

O Dépor Abanca xoga hoxe un dos partidos máis esperados dos últimos anos. Non polo rival, non porque unha das grandes expoñentes do fútbol galego esté fronte a nós, como é Mari Paz Vilas. Senón porque despois de varios anos deixando caer que Riazor debe ser un escenario para elas, por fin veremos As Nosas xogar no templo coruñés.



Día histórico. Non é para menos. Por primeira vez na breve historia, o Dépor con apelido xogará en Riazor en partido oficial. Os hagstags chocarán entre sí para acudir á cita. E o farán con todas as cartas que dende fai anos están a crecer en Abegondo. Se algo lle debemos a Tino Fernández é este proxecto, con Manu á cabeza, un tipo normal. Tan normal coma nós.

A normalidade do Dépor é tal que abruma. As xogadoras levan anos facendo as cousas ben, dende antes de xogar en Abegondo, ata chegar a Riazor. Sen ruído, sen alardes, pero cun xogo e unha preparación dignas de reseña. O Dépor é un equipo de autor. O plan séguese ao milímetro en cada zornada. Manu non só dotou o seu equipo de identidade propia, senon que consegíu ao longo destes anos formar e moldear as xogadoras para exprimir o seu mellor fútbol. Cun excelente traballo da dirección deportiva, que sempre que acude ao mercado é para facer fichaxes que suban o nivel (María Méndez ou Athenea esta tempada son chave).

Este Dépor ten tanto da personalidade coruñesa como da propia. É a mezcla da xente, do pobo, cas súas propias características. Xente mariñeira con gañas de amosar o seu potencial e calidade futbolística. E iso o fai un equipo cheo de electricidade e brega. Da paixón propia da grada, ca calidade propia do mellor fútbol. A súa personalidade e calidade queda patente cada fin de semana nos mellores campos de España. E, agora, quedará patente nun Riazor que ogallá esté a altura.

O Deportivo firmará hoxe unha nova historia no almanaque. Dará igual o resultado, porque a importancia de ver un partido oficial en Riazor e sentar o precedente será suficiente premio para un proxecto que leva tempo merecendo isto. E, claro, para unha cidade que leva tempora reclamandoo. A brasa xa está lista, agora só falta añadirlle a carne.

Xane Silveira

Anuncios

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Translate »

shop giay nuthoi trang f5Responsive WordPress Themenha cap 4 nong thongiay cao gotgiay nu 2015mau biet thu deptoc dephouse beautiful

A %d blogueros les gusta esto: